mantemento
O mantemento dun edificio é moi importante para a vida útil do mesmo, e ademais mellora notablemente a imaxe do mesmo. Hoxe en día, a limpeza é una parte esencial das nosas vidas, a sensación de confort e a necesidade de habitar estancias salubres fan da limpeza un elemento esencial.
Encargámonos da limpeza do seu negocio, comunidade de veciños ou da súa vivenda ofrecendo un nivel óptimo de hixiene e limpeza. Utilizamos os mellores produtos e metodoloxía, garantindo ao mesmo tempo un consumo sostible de auga e enerxía, e racionalizando o uso de químicos.
Traballar con Norlimpo é sinónimo de optimización calidade-prezo, o mellor asesoramento por parte dos nosos profesionais, supervisión do traballo realizado, respecto polo ao medio ambiente e garantía de satisfacción cumprindo as expectativas creadas.
Limpeza de comunidades de veciños
A todos nos gusta vivir nunha comunidade limpa e saudable, pero co ir e vir de xente e a sucidade dunha cidade, non sempre é fácil. Manter a comunidade limpa fará o noso día a día máis agradable, mellorará a convivencia e evitará problemas de saúde. Confíe en Norlimpo para acadar todos estes obxectivos.
- limpeza de portais
- limpeza de escaleiras
- limpeza de ascensores
- limpeza de corredores e entradas
- limpeza de garaxes
- limpeza de zonas acristaladas
- substitución de lámpadas e barras de luz
- acondicionamento de zonas comúns
Limpeza de vivendas
¿Que servizo necesita para a limpeza da súa vivenda? En Norlimpo, adaptámonos ás súas necesidades. Se o que precisa é una limpeza xeral, a fondo ou específica dalgunha zona do seu domicilio, por fin de obra, por cambio de residencia ou calquera outra causa, nós somos a súa empresa.
- limpeza integral de habitacións
- limpeza integral e desinfección de baños
- limpeza de cociña
- limpeza de azulexos
- limpeza de chans
- limpeza de fiestras
Limpeza de empresas
En Norlimpo estamos seguros de que a limpeza en calquera empresa ou negocio é un factor moi importante para conservar/acadar un bo ambiente. Pasamos moitas horas no lugar de traballo polo que un bo mantemento é imprescindible. Un mal mantemento pode levar a acumulación de malos olores, mala imaxe de cara os clientes e desconfianza. Por estes motivos, ofrecémoslle uns servizos que axuden ao correcto desevolvemento da actividade laboral.
- mantemento de zonas común
- limpeza e desinfección de baños
- limpeza de oficinas
- limpeza de zonas acristaladas